Oceanografía

sarmiento

O océano desempeña un papel central na regulación do clima e dos ciclos bioxeoquímicos globais. Desde a Revolución Industrial este papel sufriu importantes alteracións que teñen un gran impacto no seu funcionamento: o quencemento global asociado ao incremento da concentración de gases de efecto invernadoiro na atmosfera terrestre provocou cambios significativos na circulación de materia e enerxía do océano. O océano é ademais unha fonte fundamental de recursos minerais de interese enerxético, ao tempo que os seus rexistros sedimentarios atesouran información vital para coñecer os cambios climáticos dos últimos 50.000 anos. Ademais, e no contexto do cambio global, comprobouse un incremento do nivel do mar, que se prevé de ata 60 cm, con importantes implicacións sociais, xa que na actualidade as zonas costeiras conteñen ao 10% da poboación mundial.

Este papel central do océano na homeostase da biosfera ven recoñecido en distintos programas internacionais que enmarcan a actividade investigadora das Unidades de Oceanografía da agrupación. O Programa GOOS (Global OceanObserving System), coordinado pola Comisión Oceanográfica Internacional (IOC)da UNESCO ten entre os seus obxectivos describir e predicir o estado do océano,incluíndo os seus recursos renovables. A Axencia para o Medio Ambiente de Nacións Unidas (UNEP) posúe un programa específico dedicado ao estudo, xestión sustentable e conservación de mares rexionais, no que participan máis de140 estados. O programa IGBP (International Geosphere- Biosphere Program) engloba numerosos proxectos específicamente dedicados ao estudo dos ecosistemas mariños e o seu papel nos ciclos bioxeoquímicos globais.

Os científicos da Unidade de Oceanografía Biolóxica da Agrupación investigan acerca da ecoloxía e o rol bioxeoquímico do micro-plancton mariño, a diversidade do fitoplancton, estrutura de tallas e produtividade, fixación de nitróxeno, calcificación e o balance metabólico da comunidade microplanctónica. O obxectivo final destas investigacións é o entendimento da relación entre forzamento mediaombiental, a composición e estrutura das comunidades planctónicas e os ciclos bioxeoquímicos dos elementos nas capas superiores do océano.

Os científicos da Unidade de Ciencias da Terra, levan a cabo a súa actividade investigadora en diferentes áreas da Oceanografía Xeolóxica Mariña, coma a sedimentoloxía, dinámica sedimentaria e enxeñería costeira, xeoquímica e petroloxía, magnetismo, interpretación e prospección sísmica. Este plantexamentto lles permite afrontar o estudo da xeoloxía mariña dende unha perspectiva moi amplia, con especial interese no paleoclima e impacto medioambiental. Unha das súas principais características é o empleo de técnicas de vangarda para resolver problemas no estudo daxeoloxía mariña, o cal contribuiu de cara a desenvolver unha metodoloxía única en Oceanografía Xeolóxica.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s