Medio Mariño

DSC_0021

O século XXI introduciu unha nova concepción en lexislación ambiental acuática en Europa, ao abeiro da Directiva Marco de Augas (DMA), que propugna acadar un bon estado ecolóxico en todas as masas de auga para o ano 2015, xa próximo. Nesta liña, a Directiva de Estratexia Mariña, implementada en España a través da recente Ley de Protección del Medio Marino, aínda por desenvolver, promove o estudo de 11 descritores que abranguen dende alteracións hidrográficas deica o funcionamento dos ecosistemas pasando pola contaminación química. Proporcionar ferramentas científicas efectivas para a implementación destas directivas é un importante desafío investigador para esta Unidade, a máis pluridisciplinar da Agrupación Estratéxica (Xeólogos, Xenéticos, Ecólogos, Zoólogos).

Os instrumentos xurídicos internacionais de xestión dos recursos mariños (Convención de Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar, Acordo sobre a aplicación das súas disposicións, Acordo de Nacións Unidas sobre a conservación e xestión das especies transzonais e altamente migratorias, Código de conduta para a Pesca Responsable, Conferencia de Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento de Río 1992, Cume Mundial sobre o Desenvolvemento Sostenible de Johannesburgo 2002, Cume Mundial sobre Sostenibilidad da Pesca de Vigo 2009, etc.) apuntan cara á necesidade de alcanzar o desenvolvemento sustentable das actividades mariñas a través, entre outros, do uso sostenible dos recursos mariños.

Os estudos de xenética de poboacións aplicada á sustentabilidade de poboacións naturais e a aplicación da biotecnoloxía á xestión ambiental favorecen o uso sustentable de recursos mariños. As tecnoloxías ómicas (xenómica, proteómica e transcriptómica) permiten a caracterización dos xenes, proteínas e a expresión de xenes en unidades taxonómicas individuais, así como os seus correspondentes en comunidades: metagenómica, metaproteómica e metatranscriptómica). Na Unidade de Merdio Mariño investígase en ferramentas xenómicas e biotecnolóxicas para a xestión de recursos xenéticos en poboacións naturais e cultivadas, para mellora xenética de especies de interese acuícola, para a protección e xestión dos ecosistemas mariños e para aplicacións industriais. Para iso, é necesario ademais o uso extensivo de ferramentas estatísticas e bioinformáticas.

O intenso traballo dos investigadores das Unidades de Medio Mariño, frecuentemente en colaboracións cos de Oceanografía Biolóxica e Ciencias da Terra, ten repercusión internacional, tal e coma se reflicte no nivel de produtividade científica e impacto. Segundo se pode observar nos informes do grupo de cienciométrica da Universidad de Granada, a Universidade de Vigo sitúase nos primeiros lugares entre as Universidades españolas nas áreas de medioambiente e ciencias xeolóxicas, áreas nas que levan a cabo o seu traballo a maioría de investigadores destas Unidades.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s