Acuicultura

IMG_5115 (2)

A acuicultura é a día de hoxe o sector produtor de alimentos con maior crecemento a nivel mundial, a contribución da acuicultura á subministración mundial de peixe, crustáceos, moluscos e outros animais acuáticos aumenta ano tras ano, e pasou dun 3,9% da produción total en peso en 1970 a un 36,0% en 2006, supoñendo a produción acuícola o 47% da subministración mundial de peixe para alimentación en 2006 (The State of World Fisheries and Aquaculture, FAO 2009).

Galicia conta cunha enorme tradición no que se refire aos cultivos mariños, trátase do principal produtor de Acuicultura de España e dun dos máis importantes do mundo. Segundo reflicten os datos de produción da Xunta de Galicia, en 2007 entre as especies producidas destacan o mexillón con 209.000 toneladas e o Rodaballo con 5.665 toneladas. No que se refire a facturación, as 209.000 toneladas de mexillón supuxeron unha facturación de 98 millóns de Euros mientral que as 5.665 toneladas de rodaballo supuxeron unha facturación de 49 millóns de Euros.

Galicia e o Norte de Portugal son referentes mundiais na produción de peixes planos, sobre todo rodaballo (Scophthalmus maximus) aínda que nos derradeiros anos consolidouse definitivamente a produción de linguado (Solea senegalensis), o cal xunto co crecemento experimentado pola producción de rodaballo levará á industria a producir 25.000 toneladas de peixes planos en 2013 cun valor comercial de 250 millóns de euros.

A Acuicultura Galega convertiuse nos últimos anos nunha industria moderna, altamente competitiva e tecnolóxicamente desenvolvida. Isto foi posible grazas ao importante apoio económico levado a cabo polas administracións públicas, á formación e especialización do persoal técnico, ás actividades de I+D e a importante participación do sector privado.

No contexto económico actual, a Comunidade Europea ten coma obxectivo aumentar o crecemento, a competividade e o desenvolvemento sustentable. De cara a acadar eses obxectivos é necesario definir prioridades e horizontes temporais en sectores estratéxicos. Nos vindeiros anos os actores na industria acuícola deberán integrar os seus esforzos para continuar incrementando os seus coñecementos, cubrir as necesidades dos consumidores e levar á súa producción a novos mercados mediante o uso de presentacións de produtos e procesos innovadores.

Os investigadores da Unidade de Acuicultura da Agrupación, en colaboración con investigadores externos, traballan directamente en cinco das seis liñas de actuación marcadas pola análise estratéxica do sector acuícola realizada pola Plataforma Galega da Pesca e da Acuicultura.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s