Somos Océano

35

A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Centro de Apoio á Investigación da Universidade de Vigo, exerce de elemento vertebrador dun importante cluster de Investigadores Mariños denominado Agrupación Estratéxica Oceanografía-ECIMAT (Océano-ECIMAT).

Dos 16 grupos de investigación da Agrupación 14 son usuarios habituais das infraestructuras da ECIMAT, que nacida tan só dous anos antes que o agrupamento, foi e continúa a ser núcleo vertebrador e promotor do intercambio e a cooperación entre os grupos de investigación mariña desta Universidade.

De cara a artellar o potencial Investigador da Agrupación, creáronse catro Unidades Científicas, designadas en relación coas infraestruturas compartidas e as areas de coñecemento nas que se enmarca o traballo dos seus integrantes.

Unidade de Acuicultura

A unidade de Acuicultura agrupa a 17 profesores (8 de eles mulleres), 4 Investigadores Post Doutorais (2 mulleres), 13 becarios pre-doutorais (10 de eles mulleres), e 5 Técnicos ou tecnólogos (2 mulleres).

Parasitoloxía Mariña (PB1)
Reproducción de Moluscos Bivalvos (CM1)
Fisioloxía de Peixes (FB2)
Microbiología Marina e Acuicultura (MB4)
Recursos Xenéticos Mariños (XB4)
Grupo de Patolgía de Peces (UAB1) (Universitat Autonoma de Barcelona)

Unidade de Medio Mariño

A unidade de Medio Mariño agrupa a 24 profesores, 7 de eles mulleres, 8 Investigadores Post Doutorais (3 mulleres), 13 becarios pre-doutorais, 8 de eles mulleres, e 20 Técnicos ou tecnólogos (15 mulleres). Está constituida polos seguintes grupos:

Xenética de poboacións e Citoxenética (XB2)
Laboratorio de Ecoloxía Mariña (RE2)
Ecoloxía e Zooloxía Mariña (EZ1)
Zooloxía Mariña (BA3)
Conservación de aves mariñas (BA2-Aves)
Análise de concas sedimentarias (XM3)

Unidade de Oceanografía Biolóxica

A unidade de Oceanografía Biolóxica agrupa a 4 profesores (unha muller), 4 Investigadores Post Doutorais (3 mulleres), 6 becarios pre-doutorais, 5 deles mulleres, e 5 Técnicos ou tecnólogos (todas mulleres). A Unidade está constituida polo Grupo RE2-Oceanografía e conta coa participación permanente de investigadores do grupo Ecoloxía e Zooloxía Mariña (EZ1) pertencente á Unidade de Medio Mariño, ainda que habitualmente leva a cabo os seus traballos en colaboración con Grupos das outras unidades (sobre todo ciencias da terra e medio mariño).

Unidade de Ciencias da Terra Oceanografía

A unidade de Ciencias da Terra agrupa a 13 profesores (6 mulleres), 10 Investigadores Post Doutorais (6 mulleres), 10 becarios pre-doutorais, 4 deles mulleres, e 5 Técnicos ou tecnólogos (todos homes). A Unidade está constituida polos Grupos:

Xeoloxía Mariña e Ambiental (GEOMA-XM2)
Grupo EPHYSLAB (FA9)
Grupo de Oceanografía Física (GOFUVI-FT1)

Anuncios

  1. Disponen de boletin de noticias?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s